lunes, 15 de marzo de 2010

Utensilios de cociña

Coitelo e tenedor

Utensilios de cociña

Ola de barro

Utensilios de cociña

Cazola de barro: empregábanse principalmente para as carnes e para os arroces;se se trataba de carnes, nos días de festa levábase a cazola coa carne adobada a un forno de leña para asar.
As cazolas máis pequenas empregábanse tamén para os pescados e o bacallao.
Mantiñan a comida moi quente durante bastante tempo.
Antes de utilizalas por primeira vez poñíanse ó lume con auga para ver se "perdían" e tamén por razóns hixiénicas.

lunes, 8 de febrero de 2010

Coplas relacionadas co casamento (2)

A muller que quere a dous
non é parva que é entendida;
cando unha vela se apaga,
outra queda encendida.

O sistema de "ir ás mozas" propiciaba moitas veces estas situacións.
Ademais, a desconfianza das mozas, o sentirse feridas no seu orgullo se o mozo as abandoaba e mesmo esta actitude como estratexia (se o home sabe que ten un competidor, poñerá máis empeño na relación e apurará o casamento) facían que este comportamento da muller non fora reprobado socialmente, do mesmo xeito que tampouco era censurado no home.

viernes, 5 de febrero de 2010

O dote

O dote era a aportación que os pais da noiva facían ó futuro xenro. Se morreran o pais, a obriga de dar o dote pasaba á persoa que recibira a millora, fora home ou muller.
O seu valor dependía principalmente da capacidade económica e das posesións da familia, pero temán doutros factores coma a idade da moza (a máis idade era precisa unha maior dote), do seu aspecto físico, das súas cualidades e tamén das condicións socioeconómicas do futuro esposo.
Cando unha familia tiña moitas fillas para casar as súas propiedades quedaban seriamente mermadas como reflexa a copla popular:
Unha filla non é nada,
dúas fillas algo son;
tres queiman a casa,
catro déixana un carbón.
Así como o enxoval era algo que a noiva aportaba ó matrimonio que administraba ela mesma, o dote, ben foran cartos, gando maior, terras ou unha mistura de todo, pasaba irremediablemente a ser administrado polo seu home e a formar parte das posesións da casa del. non así a herdanza que a muller poidera recibir que, se ben tamén gobernaba o home non era da súa propiedade.

sábado, 2 de enero de 2010

lunes, 28 de diciembre de 2009