Refráns, ditos e expresións da fala popular relacionadas co pan:Toda aquela persoa que fai algo espera unha recompensa polo seu esforzo e tamén hai ocasións nas que é preciso ofrecer cartos ou favores se queremos obter un favor ou servizo.
Ten unha variante:
Polo pan baila o cane polo carto se está farto.O siñificado é totalmente diferente: cando unha persoa está necesitada fai calquera cousa con tal de satisfacer esa necesidade, pero se non é así, será moito máis esixente á hora de pechar un trato ou chegar a un acordo.
- Poñer a alguén a pan pedir;
Censurarlle severamente un comportamento, rexoubalo, desaprobalo publicamente.
Estar na miseria, carecer de recursos económicos. Sendo o pan non só un alimento básico, senón tamén a representación simbólica do que precisamos inexorablemente, andar a pan pedir é, desde o punto de vista económico, a peor situación pola que pode pasar unha persoa.
- Con pan e viño ándase o camiño;

Tanto o pan coma o viño teñen na cultura tradicional un carácter simbólico: o pan representa as necesidades máis elementais do ser humano e o viño as necesidades espirituais e sociais. O pan quita a fame e o viño dá alegría. Curiosamente o cristianismo escolleu estes dous elementos como base da súa liturxia.
- A falta de pan boas son tortas;
Se non podemos acadar aquilo polo que devecemos, temos que conformarnos con aquilo que temos. As tortas facíanse con rebandas de pan reseso molladas en leite, rebozadas en ovo e pasadas pola sartén (tortas de leite) ou simplemente tostadas na tixola e molladas en viño tinto (tortas de viño). Ás tortas de leite podían espolvorearse con canela.
- Pan para hoxe e fame para mañán;
Dise daquilo que, resolvendo un problema inmediato, dificulta a súa solución definitiva.
- Pan con pan, comida de tontos;
Podemos explicalo con outro dito "o pan pide o compango", é dicir o acompañamento doutros productos alimenticios (queixo, embutidos, chiculate...).
Dito gastronómico que alaba a combinación destes dous productos.
Traballar, esforzarse para merecer un salario ou unha recompensa.
- Non teñen para pan e mercan estampas;
Dise daquelas persoas con escasos recursos que, en vez de empregalos para satisfacer as súas necesidades, gástanos en adquirir cousas supérfluas.
En estando coa persoa amada non nos importarán as penalidades materiais.
Estar castigado.
- Non está o forno para bolos;
Estar de mal humor ou irascible, se se refire a unha persoa; non ser o momento oportuno, se se refire a unha situación.

Dar pola Pascoa o padriño e a madriña un obsequio ós seus afillados. Primeiramente o bolo era unha peza de pan de trigo, logo foi sustituído pola rosca e actualmente por figuras de chiculate e tamén outros regales calisquera ou cartos.
Andar suxo.

- Vengan días y caigan panes:
Dise dunha persoa que traballa por conta allea e que pon pouco interés no seu traballo porque ten asegurado o seu salario.
No hay comentarios:
Publicar un comentario