domingo, 25 de octubre de 2009
Trabalinguas
Las niñas tienen sus ojos
y los ojos tienen sus niñas;
y las niñas de mis ojos
son los ojos de mis niñas.
y los ojos tienen sus niñas;
y las niñas de mis ojos
son los ojos de mis niñas.
Refráns, ditos e expresións da fala popular relacionados co casamento
- Á muller casada o seu home lle basta;
- A muller coa que te casares que non che gañe en herdades;
- A muller que non sabe remendar non serve para casar;
- A vida de casados non é coma a de namorados;
- Aquela é ben casada, que non ten sogra nen cuñada;
- As palabras de casar non son as de namorar;
- Casamiento y mortaja, del cielo bajan;
- Dígoche fillo, enténdeme nora;
- Dous que dormen no mesmo colchón son da mesma condición;
- Entre casados fanse as paces deitados;
- Fillos da miña filla, netos do meu corazón; fillos da miña nora, ou o serán ou non;
- Home casado, burro cansado;
- Home casado, muller é;
- Home cobarde, casa mal e casa tarde;
- No casamento, nen portugués, nen vento;
- O casado casa quere;
- O casar quere acertar;
- O martes non te ceses nen te embarques;
- O que ten palitroque busca dote;
- Unha filla casada é unha ansia fóra;
Etiquetas:
ditos,
fala popular,
o casamento,
refráns
O enxoval
O enxoval é o conxunto de enseres, prendas de vestir e de cama e mobiliario que os noivos aportan ó matrimonio.
As aportacións do home e da muller na cultura tradicional galega estaban perfectamente diferenciadas; tamén había diferencias segundo a posición económica de cada un deles, ó ámbito no que residiran (rural ou urbán) e, sobre todo, se os recén casados ían compartir vivenda cos pais del ou dela ou, pola contra, pasaban a ocupar unha casa ou piso independente.
Tamén analizaremo-la incidencia doutros factores como a profesión ou oficio da noiva.
Entre as aportacións da noiva atopamos na meirande parte dos casos:

- roupa de cama, principalmente xogos de sabas, pero tamén mantas, cobertores e colchas;
- toallas,
- manteis coas correspondentes servilletas,
- roupa interior, camisóns e bata de casa, mañanitas,
- o colchón,
- a arca ou baúl no que garda-las súas pertenencias;
O noivo aportaba, ademais da cama e outros móbeles, o traxe da noiva e os aneis (alianzas); tamén soía paga-la viaxe de lúa de mel, se a facían.
A roupa interior e de cama que a noiva aportaba ó matrimonio cando casaban para a casa dun ou doutro era do seu uso exclusivo ata o nacemento do seu primeiro fillo e soía lavala e pranchala ela mesma; pero durante a dieta, periodo posterior ó parto, ás mulleres estáballes vedado molla-las mans na auga fría, de xeito que a roupa lavábaa outra muller da casa (a sogra, unha cuñada ou unha tía solteira) e misturábase co resto da roupa da familia. A partires deste momento deixaba de ser do seu uso exclusivo.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)