sábado, 28 de marzo de 2009

UTENSILIOS DE COCIÑA


Pucheiro de barro
Coa incorporación paulatina de utensilios doutros materiais máis duradeiros e fáciles de limpar, os pucheiros quedaron relegados á preparación de remedios caseiros e mesmo prácticas supersticiosas, pois os paisanos coidaban que o barro conservaba e incluso incrementaba as propiedades curativas ou máxicas de certas herbas.

viernes, 27 de marzo de 2009

A alimentación


Os galegos soían facer cinco comidas ó día:
  • O almorzo;
  • A parva ou as once;
  • O xantar;
  • A merenda;
  • A cea;
Os alimentos que inxerían en cada unha destas comidas variaba en función das distintas circunstancias:
  • As épocas do ano, as necesidades enerxéticas segundo as tarefas que realizaban en cada momento e os productos dos que dispoñían en cada estación;
  • As idades, o sexo e, incluso, o status familiar;
  • A posibilidade de engadir ós productos domésticos outros mercados na taberna ou no ultramarinos;
  • A capacidade económica das familias;
  • A condición da poboación (rural, urbana, marítima...);
Os alimentos básicos da dieta galega eran o pan, as patacas, as verduras (grelos, repolo, coliflor e bretóns) e a carne de porco, que constituían unha dieta bastante monótona, pero a rutina rompíase sempre que se podía:
  • Cando se cocía o pan, aproveitábase a quentura do forno para facer empanadas de bacallao, de sardiñas, de berberechos, de carne ou "do que viñera á man, incluso de pescado en salazón", afirma unha informante do Concello de Teo;
  • As festas e celebracións tiñan cada unha delas uns menús propios, moito máis variados e elaborados;
  • Á dieta habitual engadíanse en cada momento os froitos da tempada: castañas, pementos, tomates, xudías...
  • Cando había xornaleiros no campo ou na casa (carpinteiros, costureiras, xastres...) a familia esmerábase ofrecéndolles os millores productos con que contasen (chourizos, queixo, tortillas, etc.

UTENSILIOS DE COCIÑA

Unha parte dos utensilios que podiamos atopar nas cociñas galegas tradicionais estaban relacionados coa necesidade de iluminar dalgún xeito este recinto ata que se instalou a luz eléctrica e aínda despois, xa que os cortes no suministro eran frecuentes en moitas aldeas do nosos país ata ben entrados os anos sesenta.




Empregábanse velas, candeas, candís, mariposas, faroles...




A vela que se levaba á igrexa o día de Xoves Santo tíñase en moito aprecio, debía durar todo o ano e encendíase só cando había tormentas, pois a superstición popular consideraba que as afastaba ou, cando menos, protexía ás persoas e ós animais que se atopaban na casa.

AS COCIÑAS GALEGAS


O mobiliario (2)
Mesa de levante. Estaba adosada á unha parede por medio de dúas bisagras que permitían desplegala ou recollela según o caso; apoiábase nun só pé tamén provisto de bisagra para replegalo cando conviña. O conxunto, cando estaba recollido, suxetábase á parede na parte superior cunha corda ou unha anela.
Era un xeito inxenioso de aproveita-lo espazo.
Tamén había bancos de levante.

domingo, 22 de marzo de 2009

AS COCIÑAS GALEGAS

O mobiliario: bancos, banquetas, tallos...
Algúns eran feitos por un carpinteiro, que ía traballar ás casas a mantido coma os xastres, costureiras, etc. Outros eran feitos por algún home da casa.

Banco con respaldo, soía estar situado cerca la lareira e ocupábano os máis vellos da casa. Algúns tiñan dous pés máis curtos que os outros para pousaren en parte enriba da lareira e estar así máis perto do lume.



Banco-hucha, servía para sentarse e ó mesmo tempo para gardar utensilios de cociña que son se usaban de cotío.







Tallo rústico, fendíase un toro de madeira pola metade e colocábanse as catro patas.




Banquetas de diferentes feituras




viernes, 20 de marzo de 2009

Adiviñas

Solución ás adiviñas:
(19) A corda;
(20) O plátano;
(21) Esteban;
(22) Un par de ovos fritidos;

UTENSILIOS DE COCIÑA

Caneco. Enchíase de auga fervendo e envolvíase nun pano para quenta-la cama no inverno. Tanto podía ter unha pequena asa na parte superior coma non a ter.

TRABALINGUAS

¡Ai, como costa a costa se é costa!
Se non costa a costa non é costa.
(Concello de Antas de Ulla)

¿Como queres que queira
se o que eu quero que me queira
non me quere como eu quero
que me queira?
(Concello de Noia)

Adiviñas

¿Que cousa é unha cousa que
cando vai para o monte vai enrollada
e cando vai para a casa vai estirada? (19)
(Cncello de Vedra)

Ouro parece,
plata non é,
o que non o acerte
ben burro é. (20)
(Común en toda Galicia)

Este banco está ocupado
por un pai e por un fillo;
o fillo chámase Xan
e o pai xa cho dixen. (21)
(Concello de Santiago de Compostela)

Entre dos pares de blancas
hay una flor amarilla
que se le puede ofrecer
al mismo rey de Castilla. (22)
(Concello de Mesía)

jueves, 19 de marzo de 2009

UTENSILIOS DE COCIÑA


Para face-la queimada.

TRABALINGUAS

Unha vella sesa, seca,
casou cun vello seco, seco
e secos quedaron os dous.
(Concello de Vedra)

Tengo un pañuelo de cuatro puntas,
de punta fina y de fina punta;
de punta fina y de fina punta,
tengo un pañuelo de cuatro puntas.
(Concello de Vigo)

martes, 17 de marzo de 2009

Adiviñas

Solución ás adiviñas:
(18) Os chourizos e o gato.

UTENSILIOS DE COCIÑA


Medida para o leite.

AS COCIÑAS GALEGAS


O forno constituía un elemento de gran importancia nas cociñas galegas, sendo excepcionais os casos nos que se atopaba fóra deste recinto, a non ser que se fixera o pan para vender.
Ás veces estaba situada detrás da lareira para aproveita-lo espazo.

Era unha construcción de pedra, ás veces revestida de ladrillo para gardar millor o calor; "liberada" ou adosada a unha parede maestra, composta de bóveda, porta de madeira, soleira e borralleira, tamén chamada esta "pateira" ou "gateira", que servía para almacena-la cinza (borralla) que logo sería empregada como abono misturada co estrume das cortes.

A soleira era unha pedra a modo de repisa que sobresaía do forno.
A bóveda podía sobresaír ó exterior da casa.

O forno quéntabase con toxo, despois barríase ben barrido cunha xesta e a masa introducíase coa axuda dunha pá, redonda ou cadrada, que servía tamén para retira-lo pan despois de cocido.

A porta selábase para non desperdicia-lo calor con bosta seca de vaca, con barro ou con masa de fariña de millo.

Despois de feito o pan, a quentura do forno aproveitábase para facer empanadas, roscas, biscoitos ou asados.

Os labores relativos á feitura do pan (cocedura) estaban rigurosamente distribuídos entre os compoñentes da unidade familiar:
  • Os homes traían o toxo e quentaban o forno; ás veces tamén enfornaban;
  • As mulleres amasaban, facían moletes, bolos e bolas, enfornaban e coidaban da cocedura, retiraban o pan do forno e facían as empanadas;
  • Os nenos recollían a bosta ou o barro para sela-la porta.
Era un labor que requería boa parte do día.

A participación da muller na elaboración do pan aparece recollida no cancioneiro popular:
Esta nena pequeniña
heina de aprender a todo,
a cocer e a amasar
e a mete-lo pan no forno.
Trátase dun arrolo común en toda Galicia.

Vaite de aí, sapoconcho,
mañán teño que cocer,
se non teño barredoiro,
contigo hei de barrer.
Trátase dun copla de desafío entre un home e unha muller.

UTENSILIOS DE COCIÑA

Espumadeira.

Adiviñas

Pinguilí pinguilí está pingando
e minguilí minguilí está mirando;
se pinguilí pinguilí caera,
minguilí minguilí o comera. (18)
(Concello de Noia)

Se che interesan os contidos do noso blog,

podes visitar tamén:

www.xogostradicionais.blogspot.com

UTENSILIOS DE COCIÑA

Peneira.
Similar á peneira é o cribo, pero a peneira tamiza máis fino.

domingo, 15 de marzo de 2009

Adiviñas

Solución á adiviña:
(17) A cebola.

UTENSILIOS DE COCIÑA

Morteiro, almirez.

TRABALINGUAS

Por la puerta Fajera,
camino de Conjo,
había un conejo
detrás de un tojo.
Le tiré una teja
y le di en un ojo,
escapa conejo
si no te cojo.
(Concello de Santiago de Compostela)

Adiviñas

Tacón sobre tacón,
tacón do mesmo pano,
se non cho digo eu
non acertas nun ano. (17)
(Concello de O Pino)

Presenta a variante:
Capelo sobre capelo,
capelo do mesmo pano...
(Concello de Vedra)

UTENSILIOS DE COCIÑA

Os almanaques
Nas cociñas galegas non podía faltar un almanaque pendurado nun lugar ben visible, no que os apisanos atopaban información sobre os días santos ou festivos, as fases da lúa e as onomásticas cada día. Case sempre nos almanaques figuraba a publicidade dalgún ultramarinos, taberna ou taller da parroquia ou do máis próximo a ela e soían ser un obsequio do anunciante. Os almanaques de parede aínda se seguen empregando, pero en menor proporción pola competencia dos de peto e dos de sobremesa.




Ademais do almanaque de parede, en case tódalas casas atopábanse "O Gaiteiro de Lugo", que aparecera xa no ano 1857, ou "O Zaragozano", editado este por primira vez hacia o ano 1840.




Nos anos 70, cando se deixou de publicar temporalmente "O Gaiteiro", apareceron "O Mintireiro verdadeiro" e outros almanaques agrícolas similares de menos popularidade e ofrecidos case sempre polas casas comerciales que ofrecían os productos ós labregos.

TRABALINGUAS

Tengo un tío cajonero
que hace cajas y calajas
y cajitas y cajones
y al tirar de los cordones
salen cajas y calajas
y cajitas y cajones.
(Concello de Vigo)

sábado, 14 de marzo de 2009

Adiviñas

Solución ás adiviñas:
(15) Un peido, con perdón;
(16) A noz;

UTENSILIOS DE COCIÑA

Cazo.

TRABALINGUAS

O corazón da recorazonería.
(Santiago de Compostela)

Proba a dicilo a correr varias veces seguidas e decataraste de que non é tan doado.

Se o teu gosto gostase o gosto que gosta o meu gosto,
serían dous gostos iguais,
pero como o teu gosto non gosta o gosto que gosta o meu gosto,
o meu disgóstase ó saber que o teu gosto non gosta
o gosto que gosta o meu gosto.
(Santiago de Compostela)

Adiviñas

¿Que cousa é unha cousa
que vai por unha corredoiriña escura
e chega á porta e brúa? (15)
(Concello de Vedra)

¿Que cousa é unha arquiña de bomborondón,
nona fixo carpinteiro nen armador? (16)
(Concello de Vedra)

ACERTIXO

Solución ó acertixo (1):
Trátase dunha avoa, unha filla e unha neta.

UTENSILIOS DE COCIÑA

A pota do caldo.

viernes, 13 de marzo de 2009

ACERTIXO (1)

Dúas nais e dúas fillas
van á misa cubertas con tres mantillas.
¿Como pode ser?

UTENSILIOS DE COCIÑA


Lata para asa-las castañas. Facíanselle unha serie de buratos no fondo.

AS COCIÑAS GALEGAS

As cociñas galegas estaban compostas por:
  • Elementos fixos que formaban parte da propia estructura do recinto: lareira, forno, vertedeiro, fresqueiras consistentes nunha abertura na parede con portas de madeira ou de aramio enreixado para favore-la ventilación... Máis tarde incorporouse a "bilbaína" (cociña de ferro).
  • Mobiliario: artesa, mesa de comer, bancos, banquetas, tallos e cadeiras, alzadeiros, etc.
  • Utensilios diversos para traer alimentos ó fogar, preparalos, servilos, comelos, e conservalos, tanto sese trataba de alimento para o consumo humano ou dos animais, para a limpeza, o alumbrado, para acarraxar e almacenar auga potable, etc.

miércoles, 11 de marzo de 2009

Adiviñas

Solucións ás adiviñas:
(13) O galo.
(14) A vaca.

martes, 10 de marzo de 2009

AS COCIÑAS GALEGAS

Distribución da pranta baixa dunha casa tradicional.

UTENSILIOS DE COCIÑA

Cullerón para saca-lo caldo ou para bota-lo almoado no filloeiro.

Adiviñas

Barbouzán entrou por portas
con trescentas follas postas,
trescentas follas e un ramo,
nono acertarás este ano
nen tampouco para o que ven
agás que cho diga eu. (13)
(Concello de Vedra)

Catro andantes, catro abundantes,
dous tusturustús e un dalledalle. (14)
(Concello de Vedra)

UTENSILIOS DE COCIÑA

Procedencia dos utensilios empregados nas cociñas galegas:
  • Feitos na propia casa: os de bimbio, xesta e parte dos de madeira.
  • Mercados ós veciños que desenvolvían algunha actividade artesanal: os de barro, parte dos de madeira, ferro e folladelata.
  • Mercados na feira: os de porcelana, cristal, aluminio...
  • Mercados na propia aldea a vendedores ambulantes, principalmente ós maragatos, fabricados fóra de Galicia.
  • Traídos ou enviados polos mariñeiros, emigrantes e mozos que regresaban do servicio militar.

UTENSILIOS DE COCIÑA

Garrafa, á esquerda sen forrar, á dereita forrada de mimbre. Empregábase principalmente para o viño ou o aceite. A súa capacidade era habitualmente de 4, 8 ou 16 litros.
Tamén recibían o nome de "damajuanas".

Adiviñas

Solución ás adiviñas:
(11) A oscuridade;
(12) A carta;

AS COCIÑAS GALEGAS

Unha boa parte da vida familiar galega desenvolvíase na cociña. Había moitos motivos para ilo:
  • O calor do fogar. En moitas casas, principalmente no inverno, o lume estaba encendido todo o día ou, polo menos, quedaba un rescoldo, así que a cociña convertíase no lugar máis confortable da casa;
  • A administración dos recursos. Non haben luz eléctrica ou sendo frecuentes os cortes no suministo, os paisanos debían recurrir a medios de iluminación coma as velas, candeas, "mariposas", candils, faroles, etc. Estando tólodos membros da familia reunidos nun mesmo espazo, aforrábase o combustible: cera, aceite, gas, carburo...
  • A limpeza e a comodidade. As obrigas e responsabilidades dos diferentes membros da familia: estrar as cortes, darlle de comer ós animais, muxi-las vacas, carraxa-la auga, etc. facían que tiveran que entrar e saír da casa con frecuencia co calzado axeitado, zocos, zocas..., así que procuraban non subir ós cuartos salvo en caso de necesidade para mantelos o máis limpos posible.
As cociñas eran o recinto máis amplio das casa galegas, nas máis humildes podían acadar ata o 50% da superficie construída, así que daba cabida non só ós membros da unidade familiar, senón tamén ás visitas de veciños e amizades.
Neste espazo tan singular para a cultura tradicional galega, nunha noite de inverno podemos atopar ós homes da casa xogando á cartas ou ó dominó, planificando os próximos labores agrícolas ou botando contas do que gañaron (ou perderon) a última vez que foron á feira; ás mulleres fiando, remendando ou debullando o millo; a algún dos máis vellos da casa contándolle un conto ós rapaces, propoñéndolle algunha adiviña ou acertixo ou aprendéndolle algún trabalinguas.
Nalgunhas casas, despois de reza-lo rosario, un rapaz ou unha rapaza que foran á escola lía en voz alta algún libro, unha carta recibida dos parentes da emigración, unha folla dun xornal atrasado ou as predicións do Gaiteiro de Lugo" para os próximos meses.
(Informantes dos Concellos de Vedra, Brión, Ordes, Mesía, Teo, O Pino e Val do Dubra)

UTENSILIOS DE COCIÑA

Abano para aviva-lo lume da lareira.

TRABALINGUAS

Nai e filla foron á misa;
a nai pisa palla,
a filla palla pisa.
(Concello de Mesía)

Os nosos informantes galego falantes coñecían tamén moitos trabalinguas en lingua castelá.

Guerra tenía una porra
y Parra tenía una perra.
La perra de Parra
mordió a la porra de Guerra
y Guerra pegó con la porra
a la perra de Parra.
-Oiga usted, señor Guerra,
¿por qué pegó con la porra
a la perra de Parra?
-Porque si la perra de Parra
no mordiera a la porra de Guerra,
Guerra no pegaría con la porra
a la perra de Parra.
(Concello de Teo)

En Cacarajícara había una jícara,
¿quién la desencacarajicará?
El desencacarajicador que la desencacarajique
buen desencacarajicador será.
(Concello de Pontedeume)

UTENSILIOS DE COCIÑA

Garabana: Recipiente para líquidos que se facía vaciando unha calabaza e cortándoa pola parte máis ancha.

Adiviñas

Algunhas adiviñas tradicionais comezan coa fórmula "¿Que cousa é unha cousa cousiña que...?", "¿Que é unha cusa cousiña que...?" ou "¿Que cousa cousiña é que...?".

¿Que cousa cousiña é que
canto máis grande
menos se ve? (11)
(Concello de Vedra)

¿Que cousa é unha cousa que
corre sen patas e voa sen prumas? (12)
(Concello de Vedra)

domingo, 8 de marzo de 2009

UTENSILIOS DE COCIÑA

Farol. Estaba sempre á man, unhas veces colocado na repisa da chimenea e outras pendurado nalgún lugar da cociña. Empregábase para saír da casa de noite, para ir ó muíño, por exemplo, pois a chama da vela estaba protexida polos cristais. Tamén se colgaba no carro para facelo visible cando se traballaba despois de anoitecer. Na costa sur de Galicia recibía tamén o nome de "linterna".

TRABALINGUAS

O Arzobispo de Constantinopla quérese desconstantinoplarizar;
o desconstantinoplarizador que o desconstantinoplarice
bo desconstantinoplarizador será.
(Concello de Rois)

Adiviñas

Solución ás adiviñas:
(8): Os calcetíns;
(9): A serpe;
(10): O ourizo.

Adiviñas

As adiviñas tiñan as mesmas funcións atribuídas ós trabalinguas, ás que debemos engadir outra de gran relevancia: a de introducir ós nenos e ás nenas no coñecemento da natureza, das características dos animais e das prantas, así como tamén doutros pormenores da vida cotiá galega iñorados nos textos escolares, de xeito que a formación recibida na casa convertíase nun complemento imprescindible da formación reglada.

martes, 3 de marzo de 2009

UTENSILIOS DE COCIÑA

TRABALINGUAS

Teño un traxe tallado, gilrado (sic), bilrado, repequitillado;
teño que chamar ó tallador, gilrador, bilrador, repequitillador
que mo veñan tallar, gilrar, bilrar, repequitillar millor.
(Concello de Vedra)

Adiviñas

Dous irmanciños
que cando van velliños
abren os olliños. (8)
(Concello de A Rúa)

Unha señora deitada nun prado
vestida de pano labrado,
non era pano nen seda
e o que a ve, pasmado se queda. (9)
(Concello de Vedra)

Outo outo cabaleiro,
por un sorriso
perdeu o diñeiro. (10)
(Concello de A Estrada)

UTENSILIOS DE COCIÑA


Aceiteira, tamén chamada alcuza.
As aceiteiras deste tipo seguen sendo empregadas polos pulpeiros.

TRABALINGUAS

Teño unha galiña pinta, peririnca, peribranca;
se a galiña non fora pinta, peririnca, peribranca,
os seus sete poliños non serían pintos, peririncos, peribrancos.
(Concello de Santiago de Compostela)

Perejil comí,
perejil cené
y cuando mee,
me desperejilaré.
(Concello de Mesía)

UTENSILIOS DE COCIÑA

Recipientes varios empregados nas cociñas galegas.
Estes recipientes, segundo os materiais cos que estában feitos, podían ser de:
  • madeira
  • barro
  • porcelana
  • cristal
  • zinc
  • folladelata
  • ferro
  • estaño
  • aluminio
  • productos vexetais: xesta, bimbio...
  • outros

TRABALINGUAS

Brindis, copa copindis
copín de copa.
O que non diga
brindis, copa copindis
copín de copa,
non bebe gota.
(Concello de Santiago de Compostela)

El perro de San Roque no tiene rabo
porque Ramón Rodríguez se lo ha robado.
(Varios informantes)

UTENSILIOS DE COCIÑA

Embudo. Eran de tamaño e características diferentes segundo o uso ó que estivesen destiñados: trasvasar diferentes tipos de líquidos, como instrumento para enche-los chourizos...

TRABALINGUAS

O que pouca capa gasta,
pouca capa paga;
eu que pouca capa gastei,
pouca capa paguei.
(Concello de Silleda)

Pabliño clavou un craviño.
¿Que craviño clavou Pabliño?
(Concello de Santiago de Compostela)

UTENSILIOS DE COCIÑA



Prato, tazón e culler

TRABALINGUAS

Na cultura tradicional galega o trabalinguas teñen dúas funcións primordiais:

1) Unha función educativa exercida polos máis vellos, principalmente os avós e as avoas, sobre os máis pequenos, de xeito que estes aprendan a pronunciar correctamente letras (o R, o CH, etc.) ou grupos de letras (TR, BL, etc.); a vocalizar sonidos diferentes que tenden a confundirse cando están próximos (tristes tigres), practicando a logopedia sen pretendelo mentres disfroitan dun xogo.
Tamén o neno aprende a memorizar sen esforzo secuencias empregando a lóxica, o paralelismo (Teño unha cabritiña...) e, sobre todo, o ritmo e a rima. Estes últimos recursos mnemotécnicos son imprescindibles nos trabalinguas tradicionais e a principal razón pola que os informantes non os trasladan á súa lingua materna, senón que os repiten tal como os aprenderon.
Ó teren unha importante compoñente musical perduran na memoria ainda naqueles casos nos que esta se vexa gravemente afectada por algún proceso de envellecemento patolóxico.

2) Unha función social a traverso da que os máis vellos se autoafirman como posuidores dunha sabencia da que carecen os máis novos, millorando así a súa autoestima e mesmo facendo aflora-lo espíritu competitivo cando na xuntanza hai máis dun adulto maior.

A aprendizaxe dos trabalinguas formaba parte da formación que o neno recibía na casa; esta tarefa estáballe encomendada ós máis vellos da familia e levábase a cabo as máis das veces ó anoitecer, ó calor do lume da lareira ou nos longos momentos que avós e netos pasaban xuntos co gando no monte.
Hoxe moitos nenos non conviven cos seus avós, pero, afortunadamente, os trabalinguas foron incorporados tanto á aprendizaxe formal (nas escolas) como ós programas de "Contacontos" que algunhas asociacións de persoas maiores desenvolven en Centros Socioculturais, bibliotecas públicas e mesmo pubs e salas de espectáculos.

Adiviñas

Solucións ás adiviñas:
(5) O ovo e a galiña;
(6) O Sol;
(7) As tesouras;

domingo, 1 de marzo de 2009

UTENSILIOS DE COCIÑA

Adiviñas

Cucurico non ten ollos,
cú nen pico
e os fillos de cucurico
teñen ollos, cú e pico. (5)
(Concello de Santiago de Compostela)

Detrás dun coto
vin un boi xoto
e non hai home nen muller
que na corte o poida meter. (6)
(Concello de Vedra)

Presenta unha variante:
... e aínda está por nacer
o home que na corte o poida meter.
(Concello de A Estrada)

Pico para diante
e ollos para atrás;
se non o acertas,
burro serás. (7)
(Concello de Santiago de Compostela)

UTENSILIOS DE COCIÑA


Coadores, para o café e o leite.

UTENSILIOS DE COCIÑA

A xesta tanto servía para barrer a cociña ou o forno como a eira.
O seu uso actual quedou case exclusivamente limitado ós Servizos Municipais de Limpeza, porque a maioría das xesteiras desapareceron.

Adiviñas

Solución ás adiviñas:
(1) O arado;
(2) O reloxo
(3) A raiola do sol;
(4) A galiña e o ovo;

UTENSILIOS DE COCIÑA


Balde, caldeiro, cubo..., ás veces colgábanlle dun lado "ferranchos" (anacos de metal inservibles) para aumentarlle o peso e que afondara con máis facilidade no pozo. O balde de zinc veu a sustituír ata facer desaparecer ós anteriores de madeira encintada.

Adiviñas

Un cabalo branco
posto nun campo,
feradura nun pé
e cabalo non é. (1)
(Concello de Vedra)

Teño doce damas para o meu regalo,
todas van en roda, todas gastan cartos,
todas levan medias e ningunha zapatos. (2)
(Concello de Vedra)

Vara vareta,
nen verde, nen seca,
nen folla, nen rama,
se non cho digo eu
non acertas en toda a semana. (3)
(Concello de O Pino)

Maricós paríu maricós
sin uñas, nen pés,
nen mangas, nen cos;
e despois maricós
paríu maricós
con uñas e pés
e mangas e cós. (4)
(Concello de As Neves)

UTENSILIOS DE COCIÑA


Filloeiro para facer tres filloas á vez.
Tamén os había para facer cinco filloas.