viernes, 27 de febrero de 2009

TRABALINGUAS

Se vou a Bueu, eu non vou nun bou;
e se non vou nun bou, eu nun bou a Bueu non vou.
(Concello de Baiona)

UTENSILIOS DE COCIÑA

UTENSILIOS DE COCIÑA

UTENSILIOS DE COCIÑA

Cafeteira.

TRABALINGUAS

Pepe pisa palla,
palla pisa Pepe.
(Recollido no Concello de Santiago)

Teño unha cabritiña ética, pelética, peluda e porrompompuda;
ten sete cabritiños éticos, peléticos, peludos e porromponpudos;
se a cabritiña non fose ética, pelética, peluda e porrompompuda,
os seus sete cabritiños non serían éticos, peléticos, peludos e porrompompudos.
(Recollido no Concello de Vedra)

Segue un esquema que se repite en moitos outros trabalinguas. O mesmo acontece co seguinte:

As tellas do meu tellado mal retelladas son,
teño que chamar ó retellador que mas vella retellar millor.
(Recollido no Concello de Vedra)

As tablas do meu balcón mal entablincuadrilladas son,
teño que chamar o entablincuadrillador que mas veña entablincuadrillar millor,
o entablincuadrillador que mas entablincuadrille bon entablincuadrillador será.
(Recollido no Concello de Vedra)


miércoles, 25 de febrero de 2009

A nosa tradición oral

A nosa tradición oral (ditos, refráns, adiviñas, trabalinguas, coplas, cantigas, sortes, retahilas, contos, lendas, arrolos, oracións, xogos...), xunto con utros saberes e habilidades, constitúen o nosos patrimonio cultural invisible e perfilan a nosa identidade como pobo.
Os máis vellos conservan na súa memoria ese acervo patrimonial que temos a obriga de recoller e transmitir ás xerazóns máis novas.
O obxectivo deste blog é recopilar e compartir algunhas desas manifestacións recollidas aquí e acolá, ó longo de máis de trinta anos en cadernos escolares e mesmamente en anacos de papel, como símbolo de agradecemento ás persoas que mas transmitiron.
Os testimonos abarcan un largo periodo desde 1900 ata a actualidade, pois, se ben considero que a modernidade en Galicia, entendida coma unha ruptura coa sociedade tradicional, comezou na década dos 60 do século XX, os cámbeos non se produciron por igual nos diferentes ámbitos (urbán, rural, costeiro...), nen entre os distintos grupos de idade.

martes, 24 de febrero de 2009

in memoriam


Á nosa "Simone Veil"

TRABALINGUAS

Corchete que estás na corcheta,
¿acorchetácheste xa?
O desacorchetador que te desacorteche
bon desacorchetador será.
(Recollido no concello de Vedra)

UTENSILIOS DE COCIÑA


Sella
O traballo de carrexa-la auga era un traballo exclusivamente feminino do que se ocupaban as mozas da casa.
Na meirande parte dos fogares do ámbito rural galego a auga para uso doméstico procedía de pozos situados a poucos metros da casa, nestes casos a auga levábase ó interior en baldes ou caldeiros coa forza dos brazos, pero cando os pozos secaban había que acodir ás fontes o mesmo que nas vilas e cidades empregando a sella, que se levaba na cabeza axudándose cun molido.
Nas vilas había rapazas novas que, a cambio dun módico salario, ocupábanse de abastecer de auga ás familias máis acomodadas, acudindo coas sellas ás fontes públicas.

Nalgunhas zonas costeiras poñíanlle un corcho dos mariñeiros sobre a auga para que non caldruxara.


UTENSILIOS DE COCIÑA

Muíño para o café

TRABALINGUAS

Lobo rubio roeu a loro duro;
se loro duro roe, lobo rubio lo remoe.
(Recollido no Concello de Vedra)

lunes, 23 de febrero de 2009

UTENSILIOS DE COCIÑA

TRABALINGUAS:
Teño unha tasa de sal arrasada,
¿quena de sal desarrasará?
(Recollido no concello de Vedra)

A muller de meu tío Mateo, xirómeno meu,
ten unha xiroba
que lla fixo meu tío Mateo, xirómeno meu,
co rabo da escoba.
(Recollido en Santiago de Compostela)

A pesares da súa picardía, as informantes aprendérano de nenas.
Sete varas de pano pardo, madre,
escasa capa lle fan a un frade;
ispa esa escasa capa parda, frade.
(Recollido no concello de Vedra, A Coruña)

Foi o primeiro trabalinguas que aprendín de nena.