
viernes, 24 de abril de 2009
A ALIMENTACIÓN...

Cada producto alimenticio tiña a súa época do ano, sendo o verán e principalmente o outono as tempadas nas que máis abondaban as colleitas.
Moitos deses productos consumíanse a medida en que se ían recollendo: xudías, leituga, tomates, pementos, etc., pero outros había que conservalos para seren consumidos no inverno.
As principais técnicas de conservación eran:
- a salazón: salábase gran parte da carne de porco e algúns pescados;
- o afumado: afumábase carne de terneira para obter a cecina, os chourizos e algúns pescados;
- o secado: secábanse as sementes case todas, as fabas, as herbas aromáticas, as cebolas, os allos...;
- o envasado (despois de cociñado): a manteiga de porco ou de vaca, o doce de membrillo, as mermeladas...;
- o enlatado: principalmente conservas de pescado;
A diferencia dos anteriores, o enlatado non se facía nas casas, senón nas diversas fábricas establecidas nas nosas rías.

miércoles, 22 de abril de 2009
miércoles, 15 de abril de 2009
O PAN

Refráns, ditos e expresións da fala popular relacionadas co pan:
- Polo pan baila o can;
Ten unha variante:
Polo pan baila o can
e polo carto se está farto.
O siñificado é totalmente diferente: cando unha persoa está necesitada fai calquera cousa con tal de satisfacer esa necesidade, pero se non é así, será moito máis esixente á hora de pechar un trato ou chegar a un acordo.
- Poñer a alguén a pan pedir;
- Andar a pan pedir;
Tanto o pan coma o viño teñen na cultura tradicional un carácter simbólico: o pan representa as necesidades máis elementais do ser humano e o viño as necesidades espirituais e sociais. O pan quita a fame e o viño dá alegría. Curiosamente o cristianismo escolleu estes dous elementos como base da súa liturxia.
- A falta de pan boas son tortas;
- Pan para hoxe e fame para mañán;
- Pan con pan, comida de tontos;
- O queixo pide o pan;
- Gaña-lo pan;
- Non teñen para pan e mercan estampas;
- Contigo pan e cebola;
- Estar a pan e auga;
- Non está o forno para bolos;

- Dar o bolo (da Pascoa);
- Parecer un barredoiro;

- Vengan días y caigan panes:
Dise dunha persoa que traballa por conta allea e que pon pouco interés no seu traballo porque ten asegurado o seu salario.
OBXECTOS CURIOSOS

Vaso plegable
Un vaso de estaño formado por tres módulos coa súa caixa de cartón forrada de papel estampado que vin na casa da miña avoa no Concello de Vedra a comezos dos anos 60.
O perfecto estado de conservación da caixa faime pensar que o obxecto nunca se utilizou. Probablemente chegaría á casa procedente de América, pois había emigrantes na familia.
Hai uns anos comercializouse un obxecto similar pero con tapa, de material plástico e destiñado ós nenos.
lunes, 6 de abril de 2009
UTENSILIOS DE COCIÑA
AS COCIÑAS GALEGAS

Lareira baixa con cambota, gateira ou borralleira e columna.
Coa introducción das cociñas de ferro, tamén chamadas "bilbaínas", algunhas lareiras desapareceron, pero outras simplemente se reduciron en tamaño e seguíronse empregando para facerlle a comida ós animais, como sistema de calefacción do fogar ou para a preparación de certos alimentos como as filloas, por ejemplo, ademáis de servir para o aproveitamento da leña que non servía para a bilbaína.
miércoles, 1 de abril de 2009
UTENSILIOS DE COCIÑA

Porrón, botixo
Eran empregados principalmente polos labregos e os traballadores da construcción pola súa cualidade de mante-la auga fresca.
Era un utensilio moi hixiénico, pois cada un tiña que beber sen toca-lo picho.
Cando se extendeu a traída de auga desterrouse paulatinamente o uso de sellas e baldes, pero en moitas vilas a xente seguía usando os porróns para ir buscar auga para beber ás fontes e manantiais, pois

Os porróns de cristal empregábanse principalmente nas tabernas e para o viño.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)