martes, 21 de julio de 2009

Refráns, ditos e expresións da fala popular relacionados co viño:


  • A choiva polo San Xoán tolle o viño e non dá pan: Expresa os efectos perxudiciais da auga nunha época do ano na que as prantas e os froitos precisan sol e calor para medrar axeitadamente, en consonancia con aquel outro que di "Máis vale o que o sol deixa que o que a auga cría";

  • Con pan e viño ándase o camiño: Xa comentado noutra entrada;

  • Polo San Martiño avilla o teu viño: Marca o momento de ano no que o viño novo está en condicións de ser consumido;

  • Caír (ou tirar) o viño, sinal de alegría, caír (ou tirar) o sal, malo sinal: Superstición; cando se derramaba o viño na mesa, unha persoa mollaba nel un dedo e facíalle unha cruz na frente ós demais para darle boa sorte, pero nono podía facer a si mesma, senón que tiña que ser outro quen llo fixera;

  • Era o viño o que falaba por el: Alude ós efectos perniciosos do consumo abusivo de alcohol e, en particular, á desinhibición provocada polo mesmo;

  • O viño fai ó vello mociño: Alude ó efecto de euforia que produce a súa inxesta.

  • Bautiza-lo viño: Engadirlle auga para quitarlle máis proveito. Xa o di a copla:

Os cregos e os taberneiros

teñen moito parecido:

os cregos bautizan nenos

e os taberneiros o viño.

11 comentarios:

  1. non hai ningun que valla a pena

    ResponderEliminar
  2. maria,ti sabes algun similar a "teño un cabalo no pescozo"

    ResponderEliminar
  3. coñeces estas expresions?:
    "TEÑO A VOZ TOMADA"
    "ESTE INVERNO COLLÍN UN TRANCAZO"
    "ESTE RAPARIGO ESTA CONSUMIDO"
    ou algunha expresion que se asemelle?
    e que me estou volvendo tola buscando en toda a internet estas expresions...

    ResponderEliminar
  4. tiñas que pñer mais refráns que non foran relacionados co viño,asi terias mais visitas

    ResponderEliminar
  5. por favor,maria ,pon algo,necesitote para buscar algunhas expresions

    ResponderEliminar
  6. xa sei que son pesada pero quero algun significado das expresions escritas anteriormente,porque non encontro nada,e ti non me respondes.a .e por certo,moi bonito o debuxo das uvas ;)

    ResponderEliminar
  7. ainda non me respondiches,pero agora xa non me vale de nada.

    ResponderEliminar
  8. que sepas que,de momento,fun a unica que che escribiu comentarios

    ResponderEliminar
  9. nada,non me contesta eeeeeeeeeeeeeeeeee?????????????????????????????????????????
    que sepas que fai tempo que che estiven pedindo esto e nin eres capaz de responder despois de tamto tempo.
    que sepas que estes comentarios ata agora foron de min,da mesma persoaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaa

    ResponderEliminar