
Os recipientes nos que se conservaba o viño na adega, todos eles de forma similar, recibían diferentes nomes, principalmente en función da súa capacidade:
- Barril: máis pequeno que o bocoi;
- Barrica: barril pequeno; este nome tamén se aplicaba ós recipientes empregados para comercializar os arenques e as sardiñas afumadas;
- Bocoi: de gran capacidade, entre 300 e 700 litros;
- Cuba: de gran capacidade, soía colocarse en posición vertical;
- Fuste: pipa;
- Pipa: máis pequena que un bocoi; entre 250 e 500 litros;
- Pipo: pipote;
- Pipote: pipa pequena;
- Tinalla: non tiña tapa; era un medio bocoi que se empregaba para ferver o bagazo durante varios días antes de vertelo nas pipas;
Os paisanos galegos raramente expresaban a capacidade dos recipientes para líquidos, principalmente o viño, en litros, senón en olas (16 litros), en moios (16 olas, aproximadamente 258 litros) ou en medios (8 olas, 125 litros); a ola galega equivale á cántara de Castela.
Facemos notar que ó empregar como base 0 16 podían dividir varias veces por metades obtendo cantidades enteiras (16, 8, 4, 2, 1).
1 ola = 16 1/2 ou 16 litros (según a zona)
ResponderEliminar1 moio = 132 ou 128 litros (é dicir: 8 olas)
1 Bocoi = 5 moios