Sella
O traballo de carrexa-la auga era un traballo exclusivamente feminino do que se ocupaban as mozas da casa.
Na meirande parte dos fogares do ámbito rural galego a auga para uso doméstico procedía de pozos situados a poucos metros da casa, nestes casos a auga levábase ó interior en baldes ou caldeiros coa forza dos brazos, pero cando os pozos secaban había que acodir ás fontes o mesmo que nas vilas e cidades empregando a sella, que se levaba na cabeza axudándose cun molido.
Nas vilas había rapazas novas que, a cambio dun módico salario, ocupábanse de abastecer de auga ás familias máis acomodadas, acudindo coas sellas ás fontes públicas.

No hay comentarios:
Publicar un comentario