Os máis vellos conservan na súa memoria ese acervo patrimonial que temos a obriga de recoller e transmitir ás xerazóns máis novas.
O obxectivo deste blog é recopilar e compartir algunhas desas manifestacións recollidas aquí e acolá, ó longo de máis de trinta anos en cadernos escolares e mesmamente en anacos de papel, como símbolo de agradecemento ás persoas que mas transmitiron.
Os testimonos abarcan un largo periodo desde 1900 ata a actualidade, pois, se ben considero que a modernidade en Galicia, entendida coma unha ruptura coa sociedade tradicional, comezou na década dos 60 do século XX, os cámbeos non se produciron por igual nos diferentes ámbitos (urbán, rural, costeiro...), nen entre os distintos grupos de idade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario