viernes, 27 de febrero de 2009

TRABALINGUAS

Pepe pisa palla,
palla pisa Pepe.
(Recollido no Concello de Santiago)

Teño unha cabritiña ética, pelética, peluda e porrompompuda;
ten sete cabritiños éticos, peléticos, peludos e porromponpudos;
se a cabritiña non fose ética, pelética, peluda e porrompompuda,
os seus sete cabritiños non serían éticos, peléticos, peludos e porrompompudos.
(Recollido no Concello de Vedra)

Segue un esquema que se repite en moitos outros trabalinguas. O mesmo acontece co seguinte:

As tellas do meu tellado mal retelladas son,
teño que chamar ó retellador que mas vella retellar millor.
(Recollido no Concello de Vedra)

As tablas do meu balcón mal entablincuadrilladas son,
teño que chamar o entablincuadrillador que mas veña entablincuadrillar millor,
o entablincuadrillador que mas entablincuadrille bon entablincuadrillador será.
(Recollido no Concello de Vedra)


No hay comentarios:

Publicar un comentario