lunes, 23 de febrero de 2009

Teño unha tasa de sal arrasada,
¿quena de sal desarrasará?
(Recollido no concello de Vedra)

A muller de meu tío Mateo, xirómeno meu,
ten unha xiroba
que lla fixo meu tío Mateo, xirómeno meu,
co rabo da escoba.
(Recollido en Santiago de Compostela)

A pesares da súa picardía, as informantes aprendérano de nenas.

1 comentario:

  1. la paciencia que Maria tiene con nosotras
    si fuera posible habia que ponerla en un marco

    ResponderEliminar