O forno constituía un elemento de gran importancia nas cociñas galegas, sendo excepcionais os casos nos que se atopaba fóra deste recinto, a non ser que se fixera o pan para vender.
Ás veces estaba situada detrás da lareira para aproveita-lo espazo.
Era unha construcción de pedra, ás veces revestida de ladrillo para gardar millor o calor; "liberada" ou adosada a unha parede maestra, composta de
bóveda,
porta de madeira,
soleira e
borralleira, tamén chamada esta "pateira" ou "gateira", que servía para almacena-la cinza (borralla) que logo sería empregada como abono misturada co estrume das cortes.
A soleira era unha pedra a modo de repisa que sobresaía do forno.
A bóveda podía sobresaír ó exterior da casa.
O forno quéntabase con toxo, despois barríase ben barrido cunha xesta e a masa introducíase coa axuda dunha pá, redonda ou cadrada, que servía tamén para retira-lo pan despois de cocido.

A porta selábase para non desperdicia-lo calor con bosta seca de vaca, con barro ou con masa de fariña de millo.
Despois de feito o pan, a quentura do forno aproveitábase para facer empanadas, roscas, biscoitos ou asados.
Os labores relativos á feitura do pan (cocedura) estaban rigurosamente distribuídos entre os compoñentes da unidade familiar:

- Os homes traían o toxo e quentaban o forno; ás veces tamén enfornaban;
- As mulleres amasaban, facían moletes, bolos e bolas, enfornaban e coidaban da cocedura, retiraban o pan do forno e facían as empanadas;
- Os nenos recollían a bosta ou o barro para sela-la porta.
Era un labor que requería boa parte do día.
A participación da muller na elaboración do pan aparece recollida no cancioneiro popular:
Esta nena pequeniñaheina de aprender a todo,a cocer e a amasar
e a mete-lo pan no forno.Trátase dun
arrolo común en toda Galicia.
Vaite de aí, sapoconcho,mañán teño que cocer,se non teño barredoiro,contigo hei de barrer.Trátase dun copla de desafío entre un home e unha muller.