Un cabalo branco
posto nun campo,
feradura nun pé
e cabalo non é. (1)
(Concello de Vedra)
Teño doce damas para o meu regalo,
todas van en roda, todas gastan cartos,
todas levan medias e ningunha zapatos. (2)
(Concello de Vedra)
Vara vareta,
nen verde, nen seca,
nen folla, nen rama,
se non cho digo eu
non acertas en toda a semana. (3)
(Concello de O Pino)
Maricós paríu maricós
sin uñas, nen pés,
nen mangas, nen cos;
e despois maricós
paríu maricós
con uñas e pés
e mangas e cós. (4)
(Concello de As Neves)
domingo, 1 de marzo de 2009
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario