domingo, 1 de marzo de 2009

Adiviñas

Cucurico non ten ollos,
cú nen pico
e os fillos de cucurico
teñen ollos, cú e pico. (5)
(Concello de Santiago de Compostela)

Detrás dun coto
vin un boi xoto
e non hai home nen muller
que na corte o poida meter. (6)
(Concello de Vedra)

Presenta unha variante:
... e aínda está por nacer
o home que na corte o poida meter.
(Concello de A Estrada)

Pico para diante
e ollos para atrás;
se non o acertas,
burro serás. (7)
(Concello de Santiago de Compostela)

No hay comentarios:

Publicar un comentario