- O calor do fogar. En moitas casas, principalmente no inverno, o lume estaba encendido todo o día ou, polo menos, quedaba un rescoldo, así que a cociña convertíase no lugar máis confortable da casa;
- A administración dos recursos. Non haben luz eléctrica ou sendo frecuentes os cortes no suministo, os paisanos debían recurrir a medios de iluminación coma as velas, candeas, "mariposas", candils, faroles, etc. Estando tólodos membros da familia reunidos nun mesmo espazo, aforrábase o combustible: cera, aceite, gas, carburo...
- A limpeza e a comodidade. As obrigas e responsabilidades dos diferentes membros da familia: estrar as cortes, darlle de comer ós animais, muxi-las vacas, carraxa-la auga, etc. facían que tiveran que entrar e saír da casa con frecuencia co calzado axeitado, zocos, zocas..., así que procuraban non subir ós cuartos salvo en caso de necesidade para mantelos o máis limpos posible.
Neste espazo tan singular para a cultura tradicional galega, nunha noite de inverno podemos atopar ós homes da casa xogando á cartas ou ó dominó, planificando os próximos labores agrícolas ou botando contas do que gañaron (ou perderon) a última vez que foron á feira; ás mulleres fiando, remendando ou debullando o millo; a algún dos máis vellos da casa contándolle un conto ós rapaces, propoñéndolle algunha adiviña ou acertixo ou aprendéndolle algún trabalinguas.
Nalgunhas casas, despois de reza-lo rosario, un rapaz ou unha rapaza que foran á escola lía en voz alta algún libro, unha carta recibida dos parentes da emigración, unha folla dun xornal atrasado ou as predicións do Gaiteiro de Lugo" para os próximos meses.
(Informantes dos Concellos de Vedra, Brión, Ordes, Mesía, Teo, O Pino e Val do Dubra)
No hay comentarios:
Publicar un comentario