
Farol. Estaba sempre á man, unhas veces colocado na repisa da chimenea e outras pendurado nalgún lugar da cociña. Empregábase para saír da casa de noite, para ir ó muíño, por exemplo, pois a chama da vela estaba protexida polos cristais. Tamén se colgaba no carro para facelo visible cando se traballaba despois de anoitecer. Na costa sur de Galicia recibía tamén o nome de "linterna".
No hay comentarios:
Publicar un comentario